Mostrar mensagens com a etiqueta Fabricación aditiva. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Fabricación aditiva. Mostrar todas as mensagens

31.7.26

Proxecto "Sinaléptica e fabricación aditiva para mellorar a contorna"

Presentámosvos a nova sinaléptica exterior do centro, creada polo alumnado e profesorado do Ciclo de Especialización en Fabricación aditiva. Estes paneis servirán para guiar, informar e orientar as persoas que veñen ao centro. 

Os novos carteis están elaborados en acero inoxidable e, para a súa fabricación, no Ciclo de Especialización empregaron a impresión 3D en material ASA por ser máis resistente á calor e á intemperie. 


27.2.26

Traballos realizados para o proxecto de innovación: útiles para a mellora de actividades cotiás de persoas con NNEE

Estes son algúns dos traballos realizados polo noso alumnado do Ciclo de Especialización en Fabricación aditiva. Trátase de útiles para que as persoas con necesidades especiais poidan mellorar a realización de actividades cotiás. 

Grazas á Fundación Pere Mitjans de Barcelona, á Fundación Síndrome de Down e á ONCE, puidéronse identificar as súas necesidades e a partir de aí, deseñar e fabricar os útiles. 

Son moitos os obxectivos que se conseguiron con este proxecto: a transferencia de coñecementos entre empresa e centros de formación, o desenvolvemento de competencias profesionais vencelladas á dixitalización, o deseño e testeo de retos e o desenvolvemento dun ecosistema de innovación estable que permitiu levar a cabo un gran labor social. 

Parabéns para o alumnado e profesorado do noso CE en Fabricación aditiva!

Podedes acceder a máis imaxes AQUÍ. 



29.9.25

Presentación de Curso de Especialización en Fabricación Aditiva

O alumnado do Curso de Especialización en Fabricación Aditiva terá a presentación o xoves 2 de outubro ás 16:00h. 

As clases comezarán ao día seguinte en horario normal. 
 

28.2.25

Xa temos a nosa nova impresora 3D con tecnoloxía SLS para o CE de Fabricación aditiva

Grazas ao proxecto de innovación concedido polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, o Ciclo de Especialización en Fabricación aditiva xa conta cunha impresora FLSE1 con tecnoloxía de impresión 3D con láser de alta potencia para fundir partículas de polímero en po. 

Comezaremos a traballar en colaboración cos nosos socios do Instituto Pompeu Fabra de Badalona (Barcelona) e 3DZ ABCISE SL de Derio (Biskaia).



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...