13.5.14

Viaxe a Londres

O pasado martes 29 de abril, un grupo de 24 alumnos acompañados por dous profesores, puxéronse rumbo a Londres, co fin de permitirlles aos rapaces coñecer outro país e outra cultura totalmente distinta á súa e tamén co obxectivo de poñer en práctica as dúas destrezas orais na lingua inglesa.

Á hora da saída da estación de autobuses de Burela podíase observar a emoción e os nervios que tiñan a maioría dos rapaces. Saíron do aeroporto de Asturias e, despois dun voo moi tranquilo, aínda que especial para moitos que subían a un avión por primeira vez, empezaron a desfrutar dun día soleado na capital británica. Sen embargo, á súa chegada, enteráronse de que non poderían utilizar o metro debido a unha folga, o cal tamén lles afectou ao día seguinte.

A pesar diso, e da choiva dun dos días, tanto os alumnos coma os profesores desfrutaron de distintas visitas na cidade, coma o Natural History Museum, o Science Museum e, como non pode ser doutra forma, o British Museum. Ademais, fixeron outros moitos percorridos de interese por esta cidade tan cosmopolita e os rapaces puideron ver landmarks que tanto desexaban coma o Big Ben, Tower Bridge, a Torre de Londres e outros moitos, sen olvidar a emocionante volta no London Eye, desde o cal gozaron dunhas marabillosas vistas da cidade.

Tamén tiveron a oportunidade de escoitar a un excelente músico entre o bulir dun venres pola tardiña en Covent Garden e somerxerse no típico ambiente de compras dunha mañá de sábado no famoso mercado de Camden Town.

Á volta, as familias foron quen de apreciar a emoción coa que chegaron os alumnos despois de todas estas vivenzas e a satisfacción do profesorado polo exitosa que resultou esta viaxe.

Toni Galdo

12.5.14

Tarefa de limpeza da ribeira - Día dos océanos - 4º ESO e PDC

Para conmerorar o día mundial dos océanos, os rapaces de 4º de ESO e PDC coidaron da nosa ribeira. Por motivo de calendario, tivemos que adiantar dita convocatoria mundial da limpeza simultánea das praias, iniciativa á que seguimos sumados. Acompañados por Begoña e Mª José Cao, as monitoras de Gaia e por Montse e Karina, os alumnos limparon o tramo da ribeira dende o porto de Burela ata a igrexa de Coedo.
Recolléuse unha cantidade significativa de residuos do litoral ata se desenterraron 16 neumáticos.

9.5.14

Intercambio dos ENDL - visita a Rianxo

A comitiva burelá viaxou ata Rianxo para ser acollida no IES Félix Muriel como propósito do intercamnbio dos ENDL iniciado este curso cos alumnos de 4º de ESO e PDC.



8.5.14

Trip to London - 4º ESO

Xa podemos ver a reportaxe fotográfica da viaxe a Londres realizada polo alumnado de 4º de ESO. Exhíbese estes días no hall de entrada. Excelente traballo profes!

Visita á Capitanía Marítima - 3º ESO

Os alumnos de 3º de ESO visitaron o edificio da Capitanía Marítima de Burela co fin de observar a  súa arquitectura. Foron atendidos por Marco Rego Fernández. Logo de consultar con detalle os planos e documentos técnicos de execución da obra do edificio, subiron á cuberta Para completar a visita, Javier Villaverde, o seu profesor de Tecnoloxía, preparoulles unhas fichas de medición da obra segundo a escala. Unha visita moi interesante!!

7.5.14

Viaxe a Lugo - 2º ESO

O patrimonio histórico-cultural da cidade de Lugo é, desde o punto de vista do ensino, unha fonte inesgotable de recursos. Esto puideron comprobalo os alumnos de 2º de ESO nun percorrido histórico pola cidade, unha viaxe polo tempo.
Iniciamos co Lugo romano, resumido no Centro de Interpretación da Muralla, logo o Lugo medieval, con parada no Centro de Interpretación do Camiño de Santiago, sen esquecernos da impresionante catedral, mestura de estilos arquitectónicos e unha xoia para o estudo, contemplación  e admiración da arte.
Rematamos a viaxe coa visita a pintoresca paisaxe de Penas de Rodas, en Outeiro de Rei. 

Ruta da Auga - 3º ESO

Un grupo de 3º de ESO do IES Perdouro acompañados polas monitoras do Centro de Educación Gaia, dun técnico da empresa Espina e Delfin e de profesorado, visitaron este mércores as instalacións da potabilizadora da Senra e a depuradora de Alfoz.

Desde Gaia explican que “os cidadáns debemos responsabilizarnos de non derrochar a auga e usala de maneira racional”. Nos conceptos que barallaron diante dos rapaces figuran que “para converter a auga non potable en auga apta para o consumo é necesario potabilizala (entendemos por auga potable a auga apta para o consumo humano, a que é apta para beber e para usos domésticos). Os tratamentos empregados nunha pranta potabilizadora para reducir as impurezas poden ser de natureza física, química ou biolóxica”.

Os rapaces escoitaron que a auga antes de chegar ás casas ten o seguinte percorrido:
- Almacenamento: a auga almacenase nun embalse.
- Potabilización: A auga trátase nas prantas de potabilización para adecuar a súa calidade ao consumo humano. Filtrase para eliminar a materia orgánica e as partículas que leva en suspensión e desinféctase con cloro.
- Distribución. A auga lévase ata as casas a través de grandes condutos.
- Depuración: A auga depúrase antes de ser enviada ao mar.

Desde Gaia engaden que “con esta visita guiada preténdese concienciar ao alumnado da importancia do uso sostible da auga, do ciclo da auga e a depuración como clave para o mantemento dos ecosistemas mariños”.

5.5.14

Letras Galegas 2014 - Xosé María Díaz Castro


Recompilación de materiais de uso didáctico e recursos de utilidade para coñecer a figura das Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

 - Coordinadora ENDL: Letras Galegas 2014
 - Botóns: Portal Galego de Educación

 - Presentación Prezi de Mª José Martínez Paz, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Curtis, 



Portal das Palabras

Penélope


Nimbos


Léxico da súa poesía


1.5.14

Reto Alcoa - Xornada "Habilidades para o éxito"

No marco do Reto Alcoa 2014, os alumnos dos ciclos formativos do IES Perdouro asistiron, o pasado 30 de abril en San Cibrao, a unha xornada de fomento do emprendemento patrocinada pola Fundación Alcoa e Junior Achievement.

Ademais da convivencia con alumnos doutros centros da provincia, puideron coñecer as instalacións de Alcoa na localidade e asistir as seguintes actividades:

Acollida a cargo de,

- Rubén Bartolomé González, Director de Alcoa San Cibrao.
- Manuel Corredoira, Director Xeral de Educacion, Formación Profesional e lnnovación Educativa de Galicia.

Conferencias:

    "Liderazgo nas empresas" a cargo de Aquilino Lousa, Consultor de Habilidades.
   "Conseguir un emprego. A entrevista de traballo" a cargo de Manuel Estevez Diaz, Gestion de Personas, Logistica.
   "¿Qué habilidades buscan as empresas? O compromiso dos empregados", a cargo de Pilar Verdeal Garcia, Xefa Recursos Humanos Planta de Aluminio, Alcoa



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...