28.2.16

Recital Día de Rosalía na Casa Museo de Manuel María


O EDLG participou o sábado 27 de febreiro no recital poético "Rosalía sempre viva" convocado pola Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei, con dous alumnos de 1º de Bacharelato, Enya Riveira e Andrés Andrade
Participaron nesta fase final un total de 133 estudantes de toda Galiza, en 4 categorías, de Infantil a Bacharelato, que recitaron poemas de Rosalía e Manuel María, o escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas.
Na lingua que eu falo

26.2.16

Ciclos Formativos - Portas Abertas 2016 para o IES Monte Castelo

Os días 24 e 25 de febreiro, as aulas dos Ciclos Formativos do IES Perdouro abriron as súas portas ao alumnado de 3º de ESO e 1º Bach. do IES Monte Castelo para dar a coñecer a súa oferta educativa. Consistiu nunha visita guiada e práctica onde o profesorado de FP lles explicou a carga horaria dos módulos impartidos, as actividades prácticas realizadas, a FCT e as posibles saídas laborais dos ciclos formativos de grao medio e superior. 

24.2.16

Charla sobre desigualdade e violencia de xénero

Ana Belén Pacio Rodríguez, Xefa da Unidade conta a violencia sobre a muller, impartiu esta mañá na biblioteca do centro dúas conferencias "Pola igualdade, pola non violencia" destinadas ao alumnado de 2º de ESO e de 1º de Formación Profesional Básica para informalos sobre descriminación e violencia de xénero.
Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo sensibilizar o noso alumnado contra a violencia de xénero e estereotipos sexistas para destacar a importancia da educación en valores e coñecer os modos de previlos e denuncialos.

María Permuy, orientadora do centro burelés, destaca que os centros educativos teñen un rol fundamental para vencer estereotipos. "A educación entre os rapaces é a ferramenta máis efectiva para combater a desigualdade e previr a violencia de xénero. Desgraciadamente queda aínda moito por facer e seguiremos traballando a diario os valores de igualdade entre homes e mulleres e desmontando modelos "machistas" aínda moi presentes en cancións e programas televisivos."

Loitemos entre todos para erradicar a violencia de xénero.

23.2.16

Recitando a Rosalía de Castro en francés

Co gallo de celebrar o nacemento da poeta, Rosalía de Castro, o alumnado de 1º de bac. fixo esta fermosa pequena homenaxe.

Sesións de prevención sobre drogodependencia

Maite Lanza, traballadora da Unidade de Drogodependencia de Burela, estivo ao longo destas dúas semanas, impartindo sesións informativas sobre drogodependencia destinadas ao alumnado de toda a ESO. A traballadora social explicou aos alumnos de xeito gradual aos efectos nocivos do tabaco, do alcool e outras drogas e fixo prevención en materia de drogodependencia. María Permuy, orientadora do centro,  lembrou que  entre as intervencións de promoción da saúde desenvolvido no centro a prevención é fundamental para previr males hábitos e promover modelos de vida saudable.

Tendencias en corte de cabelo e coloración capilar - CM Peiteado e cosmética capilar

O Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro de Burela organizou esta mañá un obradoiro de tendencias en corte de cabelo e coloración capilar destinado ao seu alumnado do ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar.


Dous técnicos do equipo artístico da casa comercial "Hair Concept" visitaron o taller de Imaxe Persoal do centro burelés para achegar ás técnicas máis actuais e vanguardistas do momento. Estos profesionais que contan cunha experiencia artística de máis de dúas décadas, viaxaron desde Barcelona para ensinar o método de asesoramento técnico que desenvolven dentro do seu equipo. Ademais os alumnos do Ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar aprenderon técnicas de corte de cabelo con metodoloxía depurada ao estilo máis británico que levaron á practica. Os técnicos ensináronlles técnicas procedentes do legado "Vidal Sassoon", quén fixo revolucionar e evolucionar a profesión do peiteador con cortes xeométricos e simplistas na década dos 80 inspirado no movemento "bauhaus" e que mantén escola inglesa avanzada onde técnicos como os que visitaron o IES Perdouro seguen a especializarse. Remataron os cortes de cabelo con cores de fantasía da firma HC.

O departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro aposta por estar en contínuo contacto cos profesionais do sector para que estas actuacións formativas contribúan a mellorar o talento e a creatividade do seu alumnado do Ciclo Medio de Peiteado e cosmética capilar, un valor engadido para o seu desenvolvemento profesional. 


Novidades BiblioPerdoruo

Últimas novidades: biografías de interese.

Saída literaria de 3º de ESO: Quixote e Manuel María

Co galo do cuarto centenario da publicación da Segunda Parte do Quixote como do falecemento do Fénix das letras castelás, o alumnado de 3º de ESO viaxou o 22 de febreiro ata Santiago para asistir no teatro principal á representación das obras La española inglesa e Las dos doncellas das Novelas ejemplares de Miguel de Cervante, dúas historias protagonizadas por mulleres. As vivencias que Cervantes acumulou na súa vida reflíctense aquí nun despregue de localizacións e de belas historias relacionadas con elas. Guía didáctica.

Xa pola tarde, o alumnado foi visitar a Casa Museo de Manuel María, en Outeiro de Rei, para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado das Letras Galegas deste ano.

A actividade foi organizada conxuntamente polo departamento de Lingua Castelá e Lingua Galega.

19.2.16

Saída formativa para o alumnado da familia profesional de Administración

Alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas visitaron o pasado 18 de febreiro dúas empresas: Innolact-Quescrem en Castro e Cafés Candela en Lugo, para coñecer o proceso produtivo ademais da loxística e xestión comercial. 

17.2.16

Obradoiro sobre ferramentas de comunicación online

O alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior de Administración realizou esta mañá un obradoiro deseñado por Elenda sobre ferramentas de comunicación online "(Saber) estar en Internet". A actividade dinamizada por Blanca desenvolveuse segundo diferentes roles: unha tenda-bar de productos ecolóxicos, un centro de fisioterapia, unha asesoría cunha información previa sobre estas empresas ficticias co fin de que os/as alumnos/as crearan un "miniplan" de comunicación.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...