Mostrar mensagens com a etiqueta taboleiro de anuncios. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta taboleiro de anuncios. Mostrar todas as mensagens

21.9.26

Reunións do profesorado titor coas familias

 Recordade as reunións do profesorado titor coas familias. Nelas recibiredes documentación e indicacións para este curso académico. 



2.9.26

Presentacións do curso 2026-27

Dámosvos a benvida ao curso 2026-27! 

Esperámosvos nas presentacións, que terán lugar o mércores 9 de setembro na aula de referencia de cada grupo. 

Comprobade cal é o horario que vos corresponde.



31.7.26

Pechamos por vacacións


Estamos no noso período de descanso. 

Nos primeiros días de setembro publicaremos na páxina web e nas nosas redes sociais a información precisa para o comezo de curso: día de presentación, horarios, aulas...

Ata entón, desfrutade do verán e recargade as pilas para comezar con moitas ganas!

2.9.25

Presentacións do inicio de curso 25-26

Benvidos ao curso académico 25-26!

Agardamos que descansásedes moito e que tivésedes un verán extraordinario. Agora toca comezar un novo curso. Estaremos agardándovos para facer as presentacións o luns 8 e o martes 9 de setembro. O profesorado titor acompañaravos á vosa aula de referencia. 

Os cursos que teñan a presentación o luns 8 comezarán as clases o martes 9 e os que teñan a presentación o martes comezarán as clases o mércores 10 de setembro. 



31.7.25

Pechamos por vacacións

Pechamos por vacacións. 

Damos por rematado o curso 24-25. 

Podedes volver a contactar con nós o luns 1 de setembro, data na que se volverán a abrir as portas do IES Perdouro para realizar calquera trámite que necesitedes. 

O curso comezará o 8 de setembro. Estade pendentes a partir do 1 de setembro dos calendarios das presentacións. 

Que desfrutedes das vacacións!

24.3.25

Segunda quenda de reparto de froita e leite nos recreos

Este curso 2024-25 participamos no reparto de froita fresca e leite do Fondo Galego de Garantía Agraria. Este programa está financiado con Fondos Europeos. 

Desde o luns 17 ata o venres 28 de marzo terá lugar o reparto de froita e desde o 31 de marzo ata o 11 de abril, o de leite.

Con esta iniciativa foméntase o consumo de froita fresca e leite e promóvense hábitos de alimentación saudable. 

IMPORTANTE: Hai un colector cunha bolsa negra colocado na entrada do edificio 1 para depositar nel os restos de froita. Non se poden botar envases, porque o seu contido do colector é para utilizar nos composteiros. Dificulta o traballo do alumnado responsable dos composteiros ter que estar apartando os plásticos, que contaminan e non se degradan. 

28.1.25

Suspensión das clases o mércores 29 de xaneiro por fenómeno meteorolóxico adverso

Mañá mércores 29 de xaneiro suspéndense as clases e o transporte escolar na Mariña de Lugo por fenómeno meterorolóxico adverso. 

Este é o enlace ao aviso no portal educativo da Consellería onde se pode acceder á acta da reunión onde se tomou a decisión e aos concellos afectados pola medida. 



1.10.24

Inauguramos a nosa Dixit Aula: Espazo de tecnoloxía aplicada na FP

A nosa Dixit Aula xa está preparada para comezar a funcionar. Trátase dun espazo amplo e moderno, completamente adaptado ás necesidades do noso alumnado coa reforma que se levou a cabo. 

O estudantado dos Ciclos de Mecanizado, Instalacións de Comunicacións, Mecatrónica Industrial e Fabricación Aditiva xa poden beneficiarse de todos os recursos cos que conta a aula: impresora 3D, analizador de vibracións, cámara termográfica, sistema de guías holográficas, programa de simulación virtual, escáner 3D e PCs de altas prestacións. 

O horario da aula está organizado de xeito que se poida extraer o máximo rendemento dos seus recursos para todas as familias profesionais que imparten clase neste espazo de tecnoloxía aplicada.

O rendemento á hora de alcanzar as competencias que se deben desenvolver nestes ciclos será moito máis alto ao contar agora con todos estes recursos a disposición do alumnado. 


2.9.24

Presentacións de inicio do curso 2024-25

Benvidos ao curso académico 24-25!

Agardamos que descansásedes moito e que tivésedes un verán extraordinario. Agora toca comezar un novo curso. Estaremos agardándovos para facer as presentacións o mércores 11 e o xoves 12 de setembro. O profesorado titor acompañaravos á vosa aula de referencia. 

Os cursos que teñan a presentación o mércores 11 comezarán as clases o xoves 12 e os que teñan a presentación o xoves comezarán as clases o venres 13 de setembro. 

Vide con moitas ganas!









1.8.24

Bo verán e ata setembro!


Durante o mes de xullo o instituto estivo en funcionamento para tramitar matrículas, entrgar memorias, preparar o curso que vén... Agora toca descansar. 
Prestade atención á nosa páxina web porque nela publicarase nos primeiros días de setembro o calendario de presentacións. 
Esperámosvos en setembro! Desfrutade moito do verán!

31.7.24

Espazos de Tecnoloxía Aplicada na FP: A nosa Dixit Aula está en marcha

Xa van moi avanzadas as obras da nosa Dixit Aula. Este Espazo de Tecnoloxía Aplicada na Formación Profesional será un lugar ideal para que o alumnado do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial, do Curso de Especialización en Fabricación Aditiva, dos Ciclos Medios de Mecanizado e de Instalacións en Telecomunicacións desenvolva as súas competencias. 

Aínda temos que organizar o sitio axeitado para cada un dos recursos cos que queremos que conte a nosa Dixit Aula. Entre eles esperamos adquirir cámara termográfica, analizador de vibracións, sistema de guías holográficas, escáner 3D, PCs de altas prestacións etc. 

Mostrarémosvos o resultado final cando estea rematada. 










8.7.24

Concedida una contía de 50 000 € para un proxecto de innovación do CE en Fabricación aditiva



A Secretaría Xeral de Educación, Formación Profesional e Deportes resolveu o 3 de xullo a concesión de axudas destinadas á realización de proxectos de innovación e investigación aplicadas e transferencia do coñecemento na Formación Profesional, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, Next Generation EU.

O proxecto foi presentado polo IES Perdouro en colaboración co Instituto Pompeu Fabra de Badalona e con 3DZ ABCISE SL de Biskaia. Esta iniciativa persegue un obxectivo con finalidade social xa que leva por título "Aplicación da fabricación aditiva na fabricación de útiles para a mellora de actividades cotiás de persoas con necesidades especiais".

Moitos parabéns para os nosos compañeiros do Ciclo de Especialización aditiva!


26.2.24

Curso AFD de Mecanizado por arranque de labra

Se es unha persoa desempregada e queres formarte, con este curso ampliarás as túas saídas profesionais podendo dedicarte ás construcións metálicas e a fabricación e reparación para o sector industrial, eólico e naval.

Contacta co centro para reservar a túa praza. 

15.4.23

Comeza distribución de leite nos recreos para a ESO

luns 17 de abril comezamos coa distribución de leite nos recreos para o alumnado da ESO. Esta entrega durará ata o 14 de xuño. 

Trátase dun programa do Fondo Galego de Garantía Agraria financiado con fondos europeos.

Recomendamos depositar os cartóns de leite baleiros no colector amarelo. 

Se non o vas beber, non o tires, devólveo. Seguro que hai alguén que aproveitará para tomar dobre ración. 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...