24.3.19

Prácticas na aula: ondas luminosas.

Os alumnos de física de 2º de Bacharelato elaboramos unha serie de prácticas sobre os fenómenos das ondas luminosas.
Diffraction, Physics, Slit, Optics
Para demostrar que a luz se comporta como unha onda, comprobamos que sufre o fenómeno da difracción. A difracción consiste en que, cando unha onda se encontra cunha ranura ou obstáculo de tamaño menor á súa lonxitude de onda, ese punto convírtese nun novo foco emisor de onda. No caso da luz, a ranura debe ser moi pequena, de menos dun milímetro. 
Para facer isto visible, nós axudámonos dun láser cuxa luz proxectamos nunha superficie branca. Se ao proxectar a luz do láser o normal é ver un punto luminoso, ao facela pasar pola ranura obtivemos como resultado unha "liña de puntos luminosos", froito das interferencias entre as ondas emitidas polo láser. Ao medir as distancias entre as zonas iluminadas, e sabendo a lonxitude de onda, pódese calcular o tamaño e incluso a forma de algo de tamaño microscópico. Unha aplicación disto demostrouna a científica Rosalind Franklin ao descubrir a forma helicoidal das moléculas de ADN, facendo pasar luz a través delas e observando a forma da proxección obtida.

Antón Mazaira López  2ºBAC

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...