O pasado mércores 13 de febreiro os alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato acudimos á X Olimpíada de Xeoloxía, que tivo lugar en Viveiro.
Os equipos de Xeoloxía mais as profesoras acompañantes, saímos de Burela ás 11:00 da mañá cara a Viveiro. Ao chegar alí, tomamos unha serie de fotografías co resto de participantes da proba procedentes do IES Ortigueira, o IES María Sarmiento e o IES Vilar Ponte.
A proba práctica comezou sobre as 12:00 da mañá despois dunha serie de explicacións que deron os organizadores do evento. Nesta primeira proba, tivemos que facer unha xincana en equipo pola zona costeira de Covas. Cada equipo, integrado como máximo por catro persoas, tiña que ir resolvendo e respondendo a unha serie de preguntas en cada posto seguindo un percorrido. Toda a información viña nunhas carpetas que nos deu o comité organizativo ao principio. Ao remate da proba, cada equipo entregou a súa carpeta coas preguntas e marchamos xantar, xa que eran as 13:45 e ás 15:00 teriamos que estar no centro de Viveiro para a realización da proba teórica tipo test. Ao seu remate, todos os alumnos e alumnas de Burela saíron totalmente contentos do exame, xa que acertaran a maioría das cuestións.
Despois dun descanso, comezamos o roteiro organizado pola cidade de Viveiro onde nos ensinaron as partes máis destacadas e dignas de coñecer.
Para rematar o día, acudimos ao teatro de Viveiro onde se produciu a entrega de premios e diplomas. Aínda que o Perdouro se esforzou para conseguir o primeiro premio, que era o pase ao Campionato Nacional de Xeoloxía que terá lugar en Cáceres, os gañadores foron os institutos de Viveiro.
A pesar disto, marchámonos moi contentas e contentos pola nova experiencia e a cantidade de coñecementos que recollemos.

Accede á reportaxe fotográfica aquí.
Elena Enríquez Peralta
2º Bacharelato
Sem comentários:
Enviar um comentário