11.3.19

Viaxe a Coruña

O pasado 8 de xaneiro fomos á Coruña co Departamento de Tecnoloxía e co de Educación Física.
Tiñamos que estar no instituto ás 08:30h, como todos os días,  para coller o autobús cara á Coruña. Subimos e en dúas horas chegamos, máis ou menos.

Fomos ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) que é unha institución centrada na divulgación científica e tecnolóxica. Había todo tipo de aparellos e salas, dende un simple taller para facer mecanismos eléctricos ata unha cabina dun avión. Tamén había dous robots que falaban e facían bromas sobre nós e ata se movían sós. Estaban moi ben feitos.

A min gustoume moito, a verdade, porque aprendemos un montón e ata fixemos actividades divertidas, porque tiñamos que copiar un mecanismo e facelo con pezas parecidas ás de LEGO, por exemplo. O noso grupo, despois de elaborar esta figura, intentou crear unha nova e... non saíu moi ben pero, aínda así, logramos facer que unha lámpada acendeuse.

Antes de volver á Burela, pasamos polo centro comercial e como chegamos media hora antes, deixáronnos dar una volta por dentro. Despois, fomos á carpa onde estaba a pista de xeo e puxemos os patíns.

Todo foi fantástico. O pero foi que Benxa se mancou nun brazo, pero, sen contar iso, a excursión foi unha marabilla.

Para visualizar a reportaxe fotográfica pica aquí. 

Nicolás Sixto Guisasola, 2º ESO B

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...