O martes 23 de abril fomos os alumnos e alumnas de 3º ESO A á Coruña para realizar na Domus unha actividade de laboratorio.
Ao chegar alí, dividíronnos en cinco grupos para comezar co noso taller de medicamentos. A guía da experiencia falounos sobre o Párkinson e púxonos un vídeo que trataba das causas desta enfermidade. Díxonos que o que íamos facer era un principio activo: a terceira etapa da investigación duns científicos de Barcelona na procura de fabricar un só medicamento que englobe todo o resto e que terán que tomar os pacientes de Párkinson.
O labor era facer unha reacción química e tiñamos que seguir tres pasos:
- a reacción química en si
- a filtración
- unha cromatografía
Para que o traballo valese a pena, tivemos que facelo en equipo. Nós xa tiñamos coñecementos dalgúns instrumentos e iso facilitounos o traballo. Mentres dúas persoas preparaban os instrumentos, outra medía unha cantidade exacta de pirimidona; outra, de ácido de acético e outra, de nitrito de sodio. Unha vez medidas as cantidades exactas había que introducir a pirimidona no matraz de fondo redondo para que se axitase. Grazas ao axitador, engadimos o ácido acético e, cando a mestura estivo toda axitada, o único que quedaba para poñer nela era o nitrito de sodio. Acabado isto, pasamos á segunda fase, a filtración. Nesta, utilizamos o outro matraz, unha bomba, un embude e un papel para filtrala toda. No meu grupo pensamos que non iamos facelo ben, pero foi todo un éxito cando fomos facer a cromatografía.
Accede a completa reportaxe fotográfica aquí.
Accede a completa reportaxe fotográfica aquí.
NADINE FONSECA
3º ESO-A
Sem comentários:
Enviar um comentário