Como proxecto de Bioloxía, os alumnos e alumnas de primeiro da ESO
estudaron os distintos ecosistemas terrestres do noso planeta, para así
poder coñecer as súas características principais, tales como a
localización xeográfica ou as temperaturas medias ao longo do ano, e
tamén a súa flora e fauna representativas. Desta forma puideron darse
conta da gran diversidade de especies que existen na Terra, tanto
animais como vexetais, e das adaptacións que estas presentan ao medio no
que viven. Ademais, cos seus traballos puideron aprender a importancia
de conservar a biodiversidade e os impactos negativos que as actividades
humanas están producindo sobre os ecosistemas.
Accede aos traballos aquí.
Accede aos traballos aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário