16.6.19

Obradoiro de réptiles

Coincidindo co día mundial do medio ambiente, o pasado día 5 de xuño, tivemos a visita do mallorquí José María Soriano, un profesional dos réptiles e anfibios que levaba  25 anos no seu traballo. O obxectivo central da súa conferencia foi concienciarnos sobre os riscos que supón para o medio ambiente abandoar este tipo de animais exóticos despois de adquirilos como mascotas.
Aprendimos sobre os hábitats, características, formas de reprodución, alimentación dos seus animais e tivemos a oportumidade de poder tocalos. Trouxo dende animais inofensivos (tartaruga mariña) ata moi agresivos (Tartaruga caimán) que podían destrozar unha man cos seus afiados e fortes dentes. Explicounos porque era moi perigoso traficar cos animais, xa que ou ben se escapaban ou ben os soltaban e estas especies invasoras desprazarían ou mataráin as autóctonas.
Vimos o Macroclemys temminckii, a tartaruga de auga doce máis grande do mundo; Geochelone Sulcata, unha tartaruga de terra africana, a cuarta máis grande do mundo; Ophisaurus Apodus, un lagarto sen patas con aparencia de serpe; Pyxicephalus adspersus ou ra touro africana, a máis grande do mundo; Pogona Vitticeps, un lagarto de aparencia agresiva, pero moi dócil; Lampropeltis T. Sinaloae, ou falsa coral, unha serpe inofensiva pero moi semellante a unha das máis vevenosas; ou a pitón molurus albina, cun exemplar que pesa vinte quilos e non é demasiado grande para o que adoitan chegar a ser estes espécimes.
Foi unha visita emocionante, divertida e con moitas curiosidades.
Accede a nosa reportaxe fotográfica aquí.

Nerea Fernández, 1º ESO B

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...