A pasada semana fixemos unha serie de prácticas de laboratorio na clase de bioloxía. As dúas primeiras consistían en observar tecidos vexetais no microscopio, así como tamén os principais compoñentes das plantas, tales como os estames, o pólen...
A terceira e a cuarta baseábase en comprobar a presenza de amidón. Na terceira había que utilizar Lugol para tinguir certos alimentos coma salchichas, xamón, mazás... Na práctica cuarta había que empregar tamén esta disolución xunto con Fehling para tratar de conseguir detectar o amidón na amilasa salival. Por último, na práctica quinta comprobamos a diferente solubilidade dos lípidos no cloroformo, o éter e a auga; e tivemos que recoñecer experimentalmente a presenza de lípidos empregando Sudán III, un colorante químico que aplicamos sobre alimentos como a pataca, touciño, manteiga e queixo.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
Pablo Rubal Losada
Bioloxía e Xeoloxía - 1º Bach
Sem comentários:
Enviar um comentário