O 29 de outubro Xiana Vilas Castro, bailarina profesional e profesora de danza, tivo un encontro cos alumnos de Música de 4º ESO para realizar un obradoiro de dúas horas en torno á danza e á igualdade.
A pesares de que a danza é un mundo maioritariamente feminino, antiguamente a dirección e a coreografía eran principalmente masculinas, o que facía que as coreografías creadas por mulleres non fosen visibles.
No século XX a danza contemporánea nace coma unha danza revolucionaria, da man de mulleres pioneiras e avanzadas ao seu tempo: Isadora Duncan, Loie Fuller, Marth a Graham....
Cada vez van aparecendo máis mulleres con gran influenza e capacidade de liderazgo: Alicia Alonso, creadora de escuela cubana, Twyla Tharp, importante coreógrafa de Broadway que tivo problemas con algúns bailaríns masculinos que non estaban afeitos a recibir ordes dunha muller, etc.
A danza moderna e post moderna reflexa o pensamento feminista, a importancia do corpo. É un medio dominado por mulleres no que empezaron a entrar homes máis tarde. Aparece a mirada feminina, cunha apreciación nova das artistas.
Xiana é unha experta na materia e despois dunha clase teórica fixemos varios exercicios de coordinación e de confianza, como pechar os ollos e deixar que nos guiara un compañeiro. Practicamos unha coreografia por parellas e logo con ela, fixemos unha xeral, sempre buscando que estiveramos máis unidos entre nós, que confiaramos uns nos outros ao mesmo tempo que nos divertíamos.
Quizais en tan pouco tempo os resultados non foron os mellores posibles, pero sen dúbida foi unha experiencia ventaxosa para facernos abrir os ollos hacia unha igualdade baseada na confianza e a amizade.
A danza e a música pódenos ensinar a aceptar e a coñecer o noso corpo, a respectar aos demais e a confiar e relacionarnos dende un punto de igualdade que nos axude a avanzar cara a unha sociedade mellor.
Ver a reportaxe fotográfica aqui.
Marta Rodríguez, 4º ESO
Sem comentários:
Enviar um comentário