A charla poderíase resumir en tres grandes puntos:
- comentar a baixa presenza das mulleres nesta profesión.
- os factores de influencia que fan que isto ocorra.
- as porcentaxes de mulleres nesta clase de profesións.
A conferenciante comezou falándonos dos estereotipos sexistas, primeiro en películas e series da televisión e, máis tarde, nos xoguetes, roupa, libros, etc. Nas películas e series faise ver que na tecnoloxía só traballan homes e ademais sempre o fan nun soto escuro sen luz exterior e moi desordenado. No referente aos xoguetes, roupa ou libros destacan sobre todo os catálogos de Nadal, xa que no apartado de bonecas sempre saen nenas anunciándoas e todo é de cor rosa, e no apartado de coches ou mesmo nos disfraces de profesións como bombeiro, garda civil ou cazador sempre son os nenos quen os anuncian.
Despois falounos dos prexuízos de xénero e da importancia da diversidade en torno a este; e para enlazar con este tema explicounos as barreiras que tiñan as mulleres no campo da tecnoloxía, como a ausencia de titoras, as escasas oportunidades e a diferenza de salario. Para que isto non suceda, díxonos que debería cambiar a divulgación científica, a existencia dun curriculum nas escolas e o apoio ás mulleres nesta profesión.
Para rematar, deunos información sobre oficios, se queremos entrar no mundo da informática, e mostrounos algúns exemplos de persoas que teñen un posto moi elevado e que foron alumnos e alumnas súas.
Saray Barro Rodríguez, 4º ESO-B
Sem comentários:
Enviar um comentário