25.11.24

Actividades 25N 2024

Este curso conmemoramos o Día da Eliminación da violencia de xénero contra a muller con varias actividades: 

O alumnado de 2º ESO e 2º de Ciclo Básico de Servizos Administrativos asistirá á representación da obra "Os soños de Adelina", que tratará sobre os efectos que a violencia de xénero ten sobre a saúde mental das mulleres. 

Os grupos de 1º de Ciclos Básicos e 1º de Ciclos Medios recibirán formación por parte de Héctor Méndez, psicólogo e garda civil da Comandancia de Lugo que imparte charlas do Plan Director por toda a provincia. 

Os dous grupos de 1º de Bacharelato viaxarán a Santiago de Compostela, ata a Cidade da Cultura, para asistir a un acto no que se entrevistarán con mulleres vítimas de violencia de xénero. 

O Equipo de Igualdade colocará a súa exposición de carteis na que traballou especialmente Nahuel Huamán Pérez, alumno de 2º do CM de Peiteado e Cosmética Capilar.

Estes son os carteis elaborados en 1º ESO para parar a violencia de xénero: 

Nas titorías colaborastes propoñendo situacións con enunciados breves que exemplifican os chanzos que simbolicamente se van subindo cando a violencia de xénero graduamente vai aumentando. Estas ideas servirán para colocar nas escaleiras do edificio 2 uns vinilos que se están elaborando no Polo Creativo. Coas vosas aportacións Leticia, profe de Física e Química e colaboradora no Equipo de Biblioteca, editou este vídeo: 


Coa axuda da Intelixencia Artificial, Carlota Pérez Coldeira creou esta canción que ten como tema o empoderamento das mulleres. 

Á parte das actividades anteriores, que terán lugar este luns, o último mércores deste mes, teremos un programa especial de Proxecto Neo dedicado á eliminación da violencia de xénero. 

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...