8.5.21

Física Re-Creativa: Interferencia

O pasado venres 23 de abril, os alumnos de 4º ESO, 1º BACH e do ciclo de Electrónica asistimos a unha charla sobre a forma en que o noso ollo capta a luz branca cando interfire un corpo.
José Benito Vázquez Dorrío, profesor da área de Física aplicada na Universidade de Vigo, comezou dicíndonos o que iamos facer: unha serie de experimentos relacionados co mundo das ondas que o alumnado de 1º na universidade realiza en materias como Física.
Primeiro, fixo unha breve introdución sobre as ondas, propagacións no espazo da enerxía, para que nos resultase máis fácil entender os experimentos que logo fixemos.
Cando facemos unha pompa de xabón xeralmente vemos as cores maxenta, amarelo e cian. Pola contra, non vemos nin o verde nin o azul nin o vermello. Isto débese a que as ondas da luz reflicten dúas veces: unha delas pasando a través da auga da pompa e, por culpa do desfase, as dúas ondas converxen e destrúense entre si. Segundo o espesor da capa, desaparecen as seguintes cores, cando é de 150 nm, o azul, creando así a franxa amarela; cando é de 200 nm, desaparece o verde, creando o maxenta e, por último, cando o espesor é de 250 nm, desaparece o vermello e fórmase a franxa cian.
Para rematar, díxonos que o uso deste método de interferencia usouse para detectar as ondas de gravitación.
A exposición do profesor foi amena e fácil de seguir polo que resultou unha charla moi entretida e dinámica ademais de didáctica.

Kai Quelle - 1ºBACH A

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...