Colocaremos o manifesto no mural elaborado polo alumnado da ESO e 2º ESO formará un NON para visibilizar a nosa firmeza á hora de acabar coa violencia de xénero.
24.11.25
Actos 25N: Lectura de manifesto e mural
20.11.25
Día Mundial da Infancia: Pleno da infancia e da mocidade no Concello de Burela
Para conmemorar este día, o alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO preparou un texto para explicarnos os motivos da celebración desta data e o grupo de Oratorio deste mesmo curso preparou un kit de supervivencia para defender os dereitos das nenas e dos nenos na contorna dixital. Con este traballo participou hoxe no Pleno da infancia e da mocidade que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Burela hoxe mesmo.
14.11.25
10.11.25
Saída micolóxica ás Lobeiras
Ao chegar ao noso destino, a nosa guía, Cristina, amablemente comezou unha explicación sobre estes seres vivos, achegándonos información como as súas características (teñen quitina, poden ter varias formas de vida, son heterótrofos...), os tipos (zigomicetos, ascomicetos e basidiomicetos -estes últimos son os máis característicos na natureza, xa que son os coñecidos cogomelos), as partes (hifas, micelio, as basidioesporas...) e máis datos interesantes. Ademais de explicarnos o básico, ensinounos diversos tipos que recollera (como a Russula nigricans, Amanita citrina...) e que veriamos durante a nosa saída, xa que é importante saber distinguilos para non sufrir ningunha intoxicación. Algúns son tóxicos ou velenosos e polo seu aspecto pódense parecer a outros que comemos nesta época do ano.
A continuación, comezamos a camiñar polo monte para intentar visualizar algunha especie pola nosa conta, mentres gozabamos dun tranquilo paseo. Atopamos os coñecidos “Peidos de Lobo” (Lycoperdon perlatum) e algún tipo máis. Despois, tivemos que eliminar unha zona do noso itinerario xa que non estaba o suficientemente húmido para ver os cogomelos que buscabamos; non obstante, deixáronnos máis tempo para buscar máis fungos libremente. Como estabamos tan ilusionados, atopamos máis tipos coma a Laccaria Laccata (que solta látex se se corta) ou o Paxillus involutus, un fungo tóxico; tamén vimos unha ra.
Finalmente, o noso tempo esgotouse e tivemos que volver ao instituto dando por finalizada esta divertida saída. O tempo pasou voando!
Podes acceder ás imaxes AQUÍ.
Laura Eijo Docampo - 1º Bacharelato A
7.11.25
San Xoán Bosco - Aberto o prazo para anotarse
Atención!
Queda aberto o prazo de inscrición para participar nos campionatos de San Xoán Bosco nas modalidades:
- individual de Damas, Rubik e Xadrez e
- por parellas de crebacabezas.
Tes ata o 20 de novembro para anotarte na biblioteca.
Non perdas a oportunidade de demostrar o teu talento e pasalo ben!
Xogaremos nos recreos a partir de decembro. Atento/a ao calendario das eliminatorias.
Anímate e participa!
3.11.25
Visita ao 8º Campionato Galego de FP - Galicia Skills 2025
Este ano, o alumnado de Formación Profesional (en adiante, FP) do IES Perdouro tivemos a oportunidade de visitar o 8º Campionato Galego de Formación Profesional – GaliciaSkills 2025, que se celebrou nun pavillón do recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra). A visita tivo lugar o pasado 29 de outubro. No noso caso, era a segunda vez que estiveramos nun evento con tanta xente nova demostrando o seu saber facer, xa que a primeira vez fora en FP Innnova.
22.10.25
KTORCE-18: Obradoiro para previr condutas infractoras
No noso caso, durante dúas sesións, grazas a Carlos, técnico da mencionada asociación, puidemos reflexionar sobre a responsabilidade penal a partir dos catorce anos e coñecer as consecuencias xurídicas de delitos frecuentes na adolescencia. Así mesmo, tamén soubemos que o programa se chama “Ktorce-18” porque a lei do menor afecta á mocidade entre os catorce e os dezaoito anos.
Algunhas das principais condutas infractoras en España son:
- Roubo ou furto por problemas económicos, influencia do grupo, etc.
- Vandalismo (graffitis, danos á propiedade...) por rebeldía, aburrimento, busca de identidade...
- Agresións ou pelexas debidas á impulsividade, conflitos persoais...
- Acoso escolar ou ciberacoso, cuxas causas poden deberse a un uso indebido das redes sociais, falta de empatía, vinganza...
- Consumo ou tráfico de drogas, entre outras.
A todas nosoutras, e cremos que ao alumnado en xeral, nos pareceu unha charla moi interesante e necesaria xa que se trata dunha lei descoñecida cuxo incumprimento pode carrexar consecuencias penais graves.
Podedes acceder a máis imaxes AQUÍ.
Ainara Couto, Lucía Franco, Ainhoa López, Yanira López, Esther Pérez e Valeria Vizoso - 2º curso do CB de Servizos Administrativos
15.10.25
Concursos da A. C. Os Matos en colaboración coa Fundación Expomar
Este curso 25-26 convócase a XIX edición dos concursos de relatos curtos e poemas e a XVII edición do concurso de imaxes da A. C. Os Matos. Como novidade, este ano a convocatoria faise pública en colaboración coa Fundación Expomar, que propón esta mesma inicativa, e convídanos a liberar a nosa creatividade pensando arredor do mar nun certame que leva por nome "Tinta de lura".
Haberá premios moi interesantes e os gañadores presentarán as súas obras nun congreso infantil e xuvenil que se celebrará en Burela antes de final de curso.
Fíxate nas bases do concurso e PARTICIPA!
9.10.25
II Concurso de audiorrelatos do Samaín
Desde o EDLG, convocamos o II Concurso de audiorrelatos de medo con motivo do Samaín.
Nesta ocasión, podes basear a túa creatividade nas dúas fichas que axuntamos a continuación e que che dan ideas de lugares, tempos e personaxes que poden formar parte do teu audiorrelato.
Fíxate nos requisitos e no prazo, que remata o 24 de outubro.
Podes acompañar a lectura do relato de efectos sonoros que acrecenten o ambiente de medo.
3.10.25
Comezan os campionatos de San Xoán Bosco
Para saber cando vos toca competir, consultade o taboleiro da entrada do edificio 1, e esperade ás 11:00h na porta para ir ata o pavillón.
O resto de competicións terán lugar na biblioteca. Pronto avisaremos. Estade atentos.
.png)




.jpeg)





.jpg)
.jpg)


