O alumnado de 4º da ESO da materia de TIC, capitaneado por Cristovo Balseiro, estivo traballando intensamente nestes últimos días para rematar a maquetación da revista.
O resultado está xa preparado, aínda que a súa presentación e entrega terán lugar á volta das vacacións.
Mentres agardamos ese momento, queremos desvelar a portada desta edición, unha magnífica creación de Uxía Oroza Combarro, alumna de 4º da ESO.
Parabéns, Uxía, polo teu excelente traballo!
Moi pronto poderedes descubrir todo o contido de Maruxía 32.

Sem comentários:
Enviar um comentário