Dende sempre a música actuou como o
vehículo idóneo para a expresión e manifestación das emocións
humanas. Nestes tempos de confinamento, de circunstancias insólitas
nunca vividas, pedinlles aos meus alumnos de 4º que creasen unha
letra e a interpretasen modo de rap, coa intención de que
expresaran libremente todo aquelo que sentían e que ao mellor non
verbalizaban.
O resultado foi extraordinario, e
merecen todo o recoñecemento, non só polo gran potencial creativo,
senón tamén pola actitude impecable, a conciencia que puxeron e
a responsabilidade persoal que asumiron durante todo este proceso.
Noraboa a todos!!
Dolores Otero, profesora de música.
Sem comentários:
Enviar um comentário