25.3.25

Recibimos resposta ás nosas cartas de Nadal aos maiores

O alumnado de 3º ESO PDC redactou cartas felicitando o Nadal aos maiores. 

A súa profesora, Sonia Rey, animounos a facelo e infórmannos de que recibiron resposta de "Coidando de vós", o Centro de Día para maiores de Burela. 

Prepararán unha visita para coñecer en persoa os destinatarios das súas misivas. 

O alumnado recibiu con moita ilusión as cartas que lles enviaron de volta.  


Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...