O mércores 25 de novembro agardámoste no patio central durante o recreo para que participes na celebración do Día para a eliminación da violencia de xénero.
O alumnado de 1º ESO interpretará unha versión en galego da canción de Dnoé "Deteneos chicos, defendeos chicas" e o de 1º de Bacharelato encargarase de ler un texto da autoría da súa compañeira María Pereira, unha carta que apela á acción, a non deixar pasar a oportunidade de continuar cambiando as historia para que as mulleres desfruten dunha verdadeira igualdade.
.png)
Sem comentários:
Enviar um comentário