Onte estivo Antía Yáñez, ex alumna do centro e enxeñeira de Camiños, visitando o seu colexio da infancia e os institutos de Burela. Antía foi recibida na biblioteca por un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO que leron varios poemas de Rosalía de Castro. A Continuación deuse paso á lectura do Manifesto do Día de Rosalía de Castro a cargo do alumnado de 1º CS Administración e Finanzas. Logo a escritora e convidada do día contestou a unha batería de preguntas que lle tiña reservada o alumnado de 2º de ESO sobre a súa participación en certames literarios, a súa formación como escritora nobel, a súa inspiración á hora de escribir, temática, persoaxes, a súa paixón pola lectura dende moi pequena. Preguntaron tamén pola segunda parte do Misterio de Portomarín (Galaxia, 2016) que se chamará o Misterio do Torque de Burela. Falou da súa novela para adultos Senlleiras (Galaxia, 2018) e da obra infantil A Reconquista (Baia, 2018), merecedora do premio Fina Casalderrey pola Igualdade. Tamén anunciou próximas publicacións pendentes como Be water. No final do encontro, houbo tempo para as dedicacións e Antía asinou uns cantos exemplares.
Foi un acto emotivo no sentido de que Antía, alumna do centro, usuaria da biblioteca e oínte de moitas charlas que organizamos, se convertise en protagonista esta vez e blanco de todas as miradas entre as paredes que a viron medrar.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
Tamén podes escoitar o programa especial que fixemos en Radio Burela previamente a súa visita sobre Antía Yáñez.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
Tamén podes escoitar o programa especial que fixemos en Radio Burela previamente a súa visita sobre Antía Yáñez.
g
Sem comentários:
Enviar um comentário