28.10.13

Samaín - facendo ambiente

O alumnado de 1º de ESO estivo encargado de ambientar o centro co propósito de celebrar Samaín, o aninovo celta. A súa tarefa consistía en reciclar e reutilizar os resíduos para idear un conxunto de decoracións. Botes de iogures, de leite, latas, tubos de papel convertéronse en morcegos, arañas, caveiras, esqueleto, cabazas, pantasmas e lámpadas.

Mirade que creativos foron!!!!

2 comentários:

  1. Un bo traballo feito no norte. Desde o sur-interior noraboa. Se queredes meter medo de verdade eliminar esqueletos, vampiros, pantasmas, morcegos... Colgade fotos de políticos. Saudos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois non vas desencamiñado. Terémolo en conta para o ano se a situación persiste. Saúdiños mariñáns!!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...