2.3.20

Prevención na violencia de xénero

O pasado martes 11 de febreiro, o alumnado de 4º da ESO e 1º de FP Básica asistiu á charla impartida por Ana Caleya e Héctor Méndez, especialistas en violencia de xénero da Garda Civil, sobre a importancia de detectar e previr a violencia de xénero dentro das actividdes de sensibilización do Plan Director.
Nela explicáronnos os tipos de violencia que había, tanto a que era visible nos telexornais, que soe ser xa a violencia levada ó extremo, como toda esa violencia que a persoa sofre ata chegar a ese punto e as consecuencias que isto conleva na vítima, tanto físicas como psicolóxicas.
Falaron de como debería ser unha relación sa e de todos os estereotipos que aínda se teñen sobre os xéneros e sobre o amor romántico. Describiron a grandes trazos como é o perfil dun maltratador e como se escuda, nun principio, neste tipo de amor (celos, posesión, control…)
Intentaron concienciarnos de que debemos ser nós quen axude a derrubar esas barreiras e mitos e tratarnos como iguais sen distinción de xéneros.
Pareceunos unha charla moi interesante e educativa, xa que aínda que avanzamos neste tema, queda camiño por percorrer e a información é clave para identificar algunhas destas actitudes.

Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Kai Quelle Lombardía - 4º B

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...