2.3.20

Visita ao aeródromo de Rozas

O venres 14 de febreiro saímos de Burela con destino a Rozas. Cando chegamos ao CIAR (Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas), varios economistas e enxeñeiros explicáronnos como era o proceso que seguían á hora de investigar, inventar, producir e poñer en práctica un prototipo de aeronave non pilotada. Ensináronnos varios programas que deseñaron para a localización de incendios e para saber onde caeron as cargas de auga dos hidroavións.
Neste aeródromo traballa a multinacional Babcock, que colabora nunha iniciativa chamada Fly the Future. Esta empresa creou o “LUA”, un prototipo deseñado para o control e extinción de incendios. Esta aeronave xa foi probada en Andalucía a principios de setembro. O custo de desenvolvemento deste prototipo foi de aproximadamente 10 millóns de euros, polo que ten unha ruta fixada de volta á casa por se se perdese o sinal dende a torre de control, dende a cal nos ensinaron os aparellos que empregan para saber se hai un avión ou helicóptero preto do aeródromo, xa que non poderían voar ningunha aeronave para non correr riscos.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Uxía López Casas - 4ºESO B

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...