O luns 24 de novembro visitou o IES Perdouro a escritora galega Antía Yáñez para falarnos sobre as personaxes femininas das súas obras, que describiu como feministas tamén.
Ao comezo da charla falounos da súa infancia, dos libros que a conduciron a ser hoxe en día o tipo de escritora que é. Lembraba libros coma os de Mortadelo e Filemón e moitos outros onde o papel das nenas sempre era secundario. Na saga dos “Cinco”, as dúas personaxes femininas eran moi distintas: Ana nunca quería facer nada e era moi medosa, mentres que Georgina era a que lideraba o grupo, pero ela considerábase un neno e queixábase constantemente de que as “cousas de nenas” eran delicadas. Inspirouse nesta colección para escribir o seu primeiro libro, O misterio de Portomarín, cambiando un personaxe masculino por un feminino.
Ela defendeu que as mulleres deben ter máis visibilidade (tanto escritoras como personaxes) e dábanlle moita rabia os estereotipos femininos, sobre todo nas novelas da súa época. Tan só sendo adolescente deuse conta das innumerables ideas erróneas acerca das mulleres e de como eran tratadas coma obxectos.
Nas novelas de amor que leu máis adiante (Cincuenta sombras de Grey, Culpa mía, After…) observou que sempre se repetía o mesmo padrón: unha muller inocente da cal se namora un home rico e mullereiro que cambia repentinamente por ela.
Outras obras que escribiu Antía Yáñez son: Be water, Senlleiras (primeiro libro que escribiu para xente adulta, onde as protagonistas son unha escusa para falar da violencia machista), Plan de rescate (onde trata de mostrar a inclusión non forzada, sen afondar na discapacidade senón na aventura) e O clan das Barbies.
Por último, recalcou a pouca visibilidade que a muller ten como escritora. Puxo como exemplo a J. K. Rowling, que usa ese pseudónimo para que non a confundisen polo seu nome de mulller e así conseguir máis lectores masculinos. Isto tristemente segue a pasar na actualidade: aínda que o 60% das autoras son mulleres, só as len menos dun 20 % dos homes mentres que cos autores varóns non pasa o mesmo.
Podedes ver máis imaxes AQUÍ.
Miranda Pernas Basanta - 1º Bacharelato A

Sem comentários:
Enviar um comentário