Os departamentos de Tecnoloxía e Física programaron unhas visitas ao tecido empresarial da zona de Lugo para o seu alumnado de 4º de ESO co fin de coñecer de primeira man un completo proceso
de produción e as diferentes medidas de control do proceso.
Primeiro visitaron Cafés Candelas,
unha empresa familiar con máis de 40 anos de experiencia no sector do
café. Contáronlles que foron os irmáns Ramón e Manuel Alonso Alonso os
que fundaron o tostador que hoxe dirixen os fillos Enrique y Ramón.
Faláronlles do crecemento progresivo e sustentable da empresa,
evolucionando de
pequena empresa familiar a compañía con implantación internacional na
distribución alimentaria e hostaleira. É unha compañía líder como
torradora e fornecedora de café no sector da hostalaría. Viron os
mecanismos de torrefacción e envado automático por cintas
transportadoras. Ao finalizar a visita, o grupo recibiu unha bolsa con
agasallos e produtos da marca de café mais sen antes ver unha demostración de Latte art. Xa pola tarde en Castro Riberas de Lea o alumnado xunto ás súas profesoras de Tecnoloxía e Física, coñeceron unha empresa innovadora e moi nova, Quescrem. Visitaron as instalacións da fábrica de queixo para coñecer a súa infraestructura industrial. Tras unha breve presentación da empresa, os escolares baixaron á planta para ver o desenrolo do proceso de fabricación. A continuación, realizaron un completo percorrido por toda a fábrica do almacén ata o laboratorio I+D. Para finalizar a visita, puideron probar produtos Quescrem, entre os que se atopaba o ChocoBó, dirixido precisamente ao público máis novo, Quescrem Algas e Quescrem Natural, entre outros. Entregáronlles tamén unha bolsa cunha tarrina.

Sem comentários:
Enviar um comentário