Este luns día 1 abril tivemos un obradoiro na biblioteca do noso instituto, con Carlos Negro. Nesta actividade participaron os alumnos do club de lectura do IES Monte Castelo e a clase de 2º ESO A do IES Perdouro.
En primeiro lugar, fixo unha pequena introdución falándonos dos distintos tipos de poesía que existen e leu diversos poemas de diferente temática, como por exemplo: amorosos, agresivos, humorísticos, melancólicos... Logo, por grupos, creamos uns poemas a partir duns carteliños que nos daba onde se mostraban ideas que podiamos tomar para o poema. Estes textos servíronnos de inspiración. Deixounos uns minutos para poder redactar o poema. Previamente díxonos que non tiña por que rimar nin por que ter sentido e un tempo despois, diante de todos, lemos os poemas.
En xeral, todos os poemas estaban xenial. Na miña opinión, o obradoiro foi moi interesante e divertido.
Accede a reportaxe fotográfica aquí.
Saray Barro Rodríguez – 2º ESO A
Sem comentários:
Enviar um comentário