A biblioteca organizou uns obradoiros de xogos de mesa destinado ao alumnado de 1º de ESO. Foron impartidos polas amigas da xoguetería Xogando nas Nubes de Burela, Iria e Paloma. Houbo demostración de varios xogos tanto de axilidade como rapidez mental e lingüística. O alumnado pasou un rato moi divertido na biblioteca facendo proba de agudeza. Soupolles a pouco!!!
Os xogos que trouxeron foron:
Dixit: xogo de cartas que fomenta a capacidade de creatividade, dedución, imaxinación e empatía.
As
tarxetas teñen ilustracións e imaxes fantasiosas. O propósito do xogo é
adiviñar a carta escollida polo "narrador da quenda" por medio dunha
descripción genérico-creativa feita previamente por el.
Imagine: xogo de cartas transparentes que fomenta a creatividade no que podes superpoñelas e movelas para aclarar o término que se
esconde detrás da tarxeta.
Timeline: xogo de cartas que ten como propósito adiviñar a orde cronolóxica dos
eventos históricos, inventos ou descubrimentos.
Código Secreto: xogo de mesa de espionaxe. O obxectivo é adiviñar onde están os espías do noso bando co axuda dunha única palabra.
Virus: xogo de cartas no que tes que construir un corpo humano mentras
evitas que os teus rivais infecten, destrúan ou rouben os teus órganos. Sé o
primeiro xogador en completar o teu corpo, un corpo o forman 4 órganos,
un de cada cor. Se logras reunir sobre a mesa os teus 4 órganos
diferentes, gañas a partida.
Fantasma Bliz: xogo de rapidez visual. Un xogador xira a carta superior da baralla de tal maneira
que quede visible para todos. Entón os xogadores deben intentar
coller o objecto que coincida, en todo incluso na cor, co mostrado na carta. Se non hai objecto que cumpra os requisitos, os xogadores
deben coller o que nin se mostre na carta nin comparta cor con
ningún dos objectos que aparezan nela.
Speed Cups: Cada xogador recibe un xogo de 5 cubiletes en 5 cores diferentes. Os xogadores deben colocar o máis rápido posible os seus cubiletes na
mesma secuencia de cores que aparece na carta de objectivo.
Rhino Hero: xogos de cartas no que os xogadores deben ser hábiles para construir un edificio, resistir o ataque dos monos araña e tratar de escalar ao máis alto, enfrentándose se é necesario contra outros superhéroes para, cando chegue o momento no que o edificio se derrumbe, ser aquel que teña escalado máis alto para gañar.
Accede aquí á reportaxe fotográfica.
Sem comentários:
Enviar um comentário