O martes 7 de maio, os rapaces de 1º de ESO acodiron á convocatoria anual do Correlingua baixo o lema "O galego é a fórmula",
iniciativa que xa vai pola 19. A carreira en prol da lingua celebrouse,
nesta ocasión, en Ribadeo, dende a Illa Pancha ata o Cantón dos Moreno.
Isabel Risco foi a encargada de dar paso á lectura do manifesto que levaba por título "Temos química coa nosa lingua". Quíxose ter en conta o 150 aniversario da táboa periódica de Mendeleiev. Houbo actuacións, entrega de premios e concerto do grupo triunfador do Cantalingua.

Accede ao albúm de fotos aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário