O certame pretende apoiar e difundir a regueifa como forma de improvisación oral e contribuír á promoción do uso da lingua galega.
Prazo de inscrición ata o 22 de maio. Anímate!
Prazo de inscrición ata o 22 de maio. Anímate!
BASES:
- Concurso para o alumnado de 1º da ESO a 2º de BAC e profesores interesados.
- A participación é aberta e de balde e concrétase cubrindo un formulario que está dispoñíbel para os interesados en conserxería. Ditos formularios deberan ser entregados a Dolores Otero (vicedirectora).
- O idioma empregado deberá ser o GALEGO.
- NON se poden transmitir mensaxes violentas, ofensivas e/ou discriminatorias. No momento no que isto suceda o participante será eliminado.
- Se os participantes non informan da súa ausencia nalgunha das probas, quedarán directamente eliminados.
- Débese respectar a decisión do xurado.
- Débense respectar os compañeiros.
- As listas e horarios das probas serán anunciados despois do peche da inscrición.
- Anunciaranse obradoiros de regueifas para todo aquel que estea interesado.
- O premio para o gañador será desvelado o día da entrega.
En caso de dúbida, contactar con calquera das seguintes persoas:
Dolores Otero (vicedirectora)
Bernardo Penabade (profesor lingua e lit. galega)
Sergio Alonso (alumno de 4º ESO)
Cristian Gómez (alumno de 4º ESO)
Dolores Otero (vicedirectora)
Bernardo Penabade (profesor lingua e lit. galega)
Sergio Alonso (alumno de 4º ESO)
Cristian Gómez (alumno de 4º ESO)
Sem comentários:
Enviar um comentário