No marco da II edición do Relevo 2020, proxecto formativo orientado ao sector marítimo pesqueiro, o día 25 de xaneiro de 2021 o alumnado de 4º ESO desfrutou dunha charla sobre os diferentes e diversos traballos relacionados coa actividade pesqueira.
A charla foi impartida por unha oceanógrafa que nos informou sobre cursos e estudos básicos, medios e avanzados para aqueles interesados en desempeñar esta actividade laboral; tamén nos informou dos requisitos económicos e estudos que farían falta para desempeñar os diferentes cursos.
Outro punto da charla a destacar foi o percorrido laboral da conferenciante: pasou de querer facer criminoloxía a ser oceanógrafa.
A charla tivo unha duración dunha hora e resultou interesante para todos nós, informándonos e entreténdonos sobre a vida laboral no mar.
Raúl Fernández Fernández, 4º ESO B
Sem comentários:
Enviar um comentário