Este ano a forma de traballo foi diferente aos anteriores xa que, debido á COVID-19, non puidemos traballar todos xuntos no taller e tivemos que buscar outras alternativas. Decidimos facer unha árbore formada por bólas feitas a base de pequenas figuriñas de papiroflexia que colgaban do teito; todas as bólas estaban colocadas de xeito que simulaban a forma dunha árbore.
Desta forma conseguimos construír a árbore mantendo a distancia de seguridade, porque fixemos as bólas individualmente e logo xuntámolas. Cada un de nós escolleu unha figura diferente para cubrir a súa bóla. Fixemos grúas, comecocos, barcos, flores e moitas máis, segundo o gusto de cada un.
A elaboración desta árbore foi bastante custosa e laboriosa pero, a pesar das dificultades que tiñamos, conseguimos rematar a árbore deste ano con total éxito.
Accede ao álbum de fotos aquí.
Lin Vizoso López, 4º ESO B
Sem comentários:
Enviar um comentário