24.2.21

Diario dos 21 días co galego e + do módulo de Comunicación e atención ao cliente (2)

Diario dos 21 días co galego e +

Actividade realizada no módulo de Comunicación e atención ao cliente

Para comezar, quería expoñer o realizado na clase de hoxe. Os meus 10 compañeiros/as e eu eliximos cada un, un anuncio en galego, en honor á campaña dos “21 días co galego e máis”, feita para animar á xente a que se integren un pouquiño máis no galego e aprender cousas novas da nosa fermosa lingua.

Proxectamos os 11 anuncios e cada un de nós expuxo o seu pensar, o seu parecer, a súa opinión sobre os mesmos. Algúns máis curtos, outros máis longos e tratando diferentes temas, pero todos tiñan unha esencia: eran en galego, na nosa lingua, e feitos aquí, en Galiza.

Na miña opinión, os anuncios presentados na clase, parecéronme moi fermosos. Moitos deles teñen un tema en común, que é dar a coñecer os recunchos de Galiza menos coñecidos. Tamén moitos mostran o noso medio rural, os nosos costumes...

Un dos mellores promotores destes anuncios tan fermosos é Gadis, unha empresa de supermercados que cada ano fai un anuncio espectacular.

Para finalizar, quería dar a miña opinión sobre a clase de hoxe: pareceume unha clase moi dinámica e entretida, na que coma sempre, todos falamos e expuxemos as nosas opinións. Gústame este tipo de clases, xa que todos participamos.

Ángel Ron Valle – 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas



Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...