28.2.21

Proxecto Relevo 2020

O pasado venres día 26 de febreiro os alumnos e alumnas de 1º CM de Xestión Administrativa e 1º CS de Admistración e Finanzas tiveron a oportunidade de coñecer o proxecto Relevo 2020 a través dunha charla informativa levada a cabo no noso centro. 
 

Este proxecto é unha iniciativa de carácter formativo promovida polos cinco grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro mediante a capacitación de mozos e mozas, a través da formación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios.
A exposición comezou por explicar a labor que fan os GALP e as posibilidades que ofrecen estas entidades locais para aqueles que buscan emprender ou consolidar un proxecto relacionado co mundo do mar. De seguido, afondouse no proxecto Relevo 2020 e, da man de Arenaria Coordinación, os participantes descubriron todas as posibilidades de formación e emprego que ofrece este sector.
Os alumnos e alumnas valoraron moi positivamente esta xornada xa que lles axudou a coñecer a riqueza do noso territorio e as múltiples saídas profesionais que ofrece o mar, un recurso que forma parte da identidade da nosa comarca e que está tan presente no concello de Burela. 
 
Beatriz Rey Pita, profesora

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...