Hoxe 22 de febreiro de 2021 iniciamos os 21 días co galego e + e repartimos camisetas (ver aquí)
Este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten co galego e co resto das linguas que coñece.
Ao longo de 21 días, no blog dos 21 días atoparemos propostas diversas para achegarnos ao galego e á súa cultura.
Somos máis de trinta profesores e profesoras do Perdouro de secundaria e ciclos formativos participando neste programa, un total de 280 alumnos e alumnas aproximadamente e contamos tamén co persoal non docente.
REFLEXIÓN 1
Hoxe vas ter que realizar a túa primeira gravación de reflexión.
Lembra que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise. Non necesitamos que nos contes o marabilloso que é o galego; ben o sabemos!
- Que usos fas ti habitualmente do galego?
- Que che parece a proposta dos 21 Días co Galego e +?
- Pensas que che será moi doado ou moi difícil para ti?
- Se non falas galego de forma cotiá. Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego desde o primeiro día?
- Cres que o lograrás antes do último día?
- Que reaccións percibiches entre o resto da túa clase ou na casa?
- Que pasos deches xa hoxe para seguires a proposta?
- Pensas ampliar progresivamente os usos ou tentas xa falar galego sempre?
- En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer…) ou con que tipo de persoas cres/sabes que che custará máis?
- Agora establece 3 retos concretos para o teu avance como galegofalante. Lembra que se ti xa es galegofalante os teus retos serán de que 3 maneiras lle vas axudar ao resto das túas compañeiras e compañeiros.
Sem comentários:
Enviar um comentário