Para continuar co fomento da igualdade, no IES Perdouro quixemos conmemorar o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia. Para iso, elaboramos uns carteis, que colocamos nos diferentes pavillóns do instituto e, ademais, pedímoslles aos alumnos/as da ESO que redactasen uns lemas nos que expresasen o seu rexeitamento contra calquera actitude discriminatoria cara os colectivos de persoas homosexuais, transexuais e bisexuais.
Os lemas gañadores foron os seguintes:- Que ninguén che impida querer! De Rubén Díaz Fraga (1º A ESO).
- Respéctame tal e como son. De Laura Alonso Fernández (2º B ESO).
- Sé como/quen desexes ser. De Yorel Ladra Ballesteros (3º D ESO).
- Somos libres de ser e amar a quen queiramos. De Nerea Francos Cornide (3º C ESO).
- Unha relación baséase no amor, non no xénero. De Iria López Casas (4º B ESO).
Finalmente, os lemas foron impresos nunhas correas para as chaves, que serán repartidas mañá a todo o alumnado da ESO.
Sem comentários:
Enviar um comentário