Esta mañá Miruca Parga, Vicedirectora, e Ruth Adrio, xefa do departamento de Educación Plástica e Visual, entregaron os diplomas e premios aos gañadores do certame especial Postal de Nadal.
- Alexandre García Pousa de 3º ESO A acadou o 1° premio polo seu detallismo e limpeza escapando da imaxe clásica de Nadal. O seu debuxo representará a postal institucional do centro.
- Shiva Eliska Alinda Nurhakim de 3º ESO B obtivo o 2° premio polo minucioso traballo do fondo e a transformación dunha estampa de Nadal clásica en anime.
- Uxía Oroza Combarro de 1º ESO B recibiu o 3° premio pola súa atrevida composición, con collage e diferentes técnicas, rescatando a figura tradicional do apalpador.
Parabéns a estes 3 grandes debuxantes que ten o Perdouro!!
Sem comentários:
Enviar um comentário