O pasado martes 10 de febreiro de 2026, o alumnado de 3º da ESO realizou unha saída cultural a Lugo, promovida polos departamentos de Lingua Castelá e Literatura e de Xeografía e Historia, na que se realizaron diversas actividades.
Ao chegarmos, ás 10:00h, asistimos no Auditorio Municipal Gustavo Freire á unha adaptación teatral do Lazarillo de Tormes, que se iniciou sobre 10:30h e rematou ás 12:00h, cunha duración de hora e media. Esta obra representa a historia contada na novela dende unha perspectiva actual, introducindo, ao principio, noticias da actualidade en conexión co traballo Lázaro como pregoeiro do viño do último dos seus amos. A representación é bastante abstracta, xa que, sen necesidade de usar obxectos, os actores conseguiron que o público comprendera perfectamente o que estaban a interpretar.
Ao acabarmos, dirixímonos ao centro de Lugo e separámonos en dous grupos. Os alumnos de 3ºA acudiron á Domus do Mitreo, para participar nunha actividade na que realizaron unha escavación en grupo, onde cada estudante desenvolveu un rol: escavadores, axudantes, debuxantes, directores de escavación e persoal de laboratorio. Mentres, o alumnado de 3ºB, fixo unha visita guiada, na que Guido Guía lles ensinou os lugares emblemáticos da cidade de Lugo, ademais de murais artísticos que se realizaron recentemente na cidade. Cando os grupos remataron as súas respectivas actividades, intercambiáronse.
Estas actividades concluíron as 14:00h.
Posteriormente, foron xantar ao centro comercial As Termas e remataron ás 16.00h, hora na que saíron de Lugo en dirección a Burela.
Podedes acceder a máis imaxes AQUÍ.
Daniela Trebolle Basanta e Mateo Corral Caamaño - 3º de ESO A

Sem comentários:
Enviar um comentário