Como cada ano, o ano empeza coa
chegada dos calendarios de sobremesa e de marcapáxina do Equipo de
Dinamización. Este curso foille encomendado esta tarefa ao alumnado de
4º de ESO de TIC.
2018 foi Ano Europeo do Patrimonio Cultural,
o Equipo de Dinamización sumouse á iniciativa poñendo valor a riqueza
patrimonial da Mariña, desta vez a Central, posto que a Occidental e Oriental foron traballadas no calendario 2018. Son 13 as
fotografías escollidas entre moitas que se fixeron a raíz dunha saída
educativa pola Mariña Central.
Esperamos que vos guste e vexades como "A Mariña ten historia" e moita.
Esta mañá o alumnado de 4º ESO foi polas aulas a explicar o seu traballo e a entregar un marcapáxina a cada alumno do centro. Ao profesorado déuselles un calendario de sobre mesa.
Accede as fotografías aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário