20.2.20

Mar Interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia

Mar Interior, proxecto de divulgación científica do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO

Esta mañá o alumnado de 4º ESO de Bioloxía acudiu a Lugo a visitar o “Mar Interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia”. A iniciativa divulga a actividade do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO) en varios núcleos de poboación da provincia de Lugo habitualmente afastados da divulgación científica mariña.

O alumnado realizou uns obradoiros prácticos enfocados a acercarlles a ciencia, a tecnoloxía e a innovación co obxectivo de despertar a súa curiosidade e o interese científico fronte ao funcionamento do medio mariño e a súa protección.

O Instituto Español de Oceanografía (IEO), é un organismo público de investigación (OPI), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, adicado á investigación en ciencias do mar, especialmente no relacionado co coñecemento científico dos océanos, a sustentabilidade dos recursos pesqueiros e o medio ambiente mariño. Conta con nove centros oceanográficos costeiros, cinco plantas de experimentación de cultivos mariños, 12 estacións mareográficas, unha estación receptora de imaxes de satélites e unha flota composta por catro buques oceanográficos, entre os que destaca o Ramón Margalef e o Ángeles Alvariño.

Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...