O pasado 14 de febrerio, un grupo de alumnos/as de 4° ESO estivo no aeródromo de Rozas nun obradoiro para o fomento de vocacións científico-tecnolóxica.
Fly the future, organizada en colaboración con Babcock ten como
obxectivo amosar o lado práctico das carreiras STEM, mediante a
explicación, interacción e visión dos desenvolvementos tecnolóxicos
abordados pola empresa Babcock na Civil UAVs Initiative. Realizaron unha
visita ao hangar e á torre de control do Centro de Investigación Aerotransportada de
Rozas (CIAR), referente a nivel europeo para a realización de ensaios certificados
con vehículos non tripulados. Os estudantes tamén tiveron a oportunidade
de ver ensaios de voo con UAVS e voar o LUA e demostracións con gafas 3D de simulacións dos desenvolvementos para incendios forestais de Babcock.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário