O pasado xoves 13 de febreiro, o
alumnado de 1º de BAC acudimos a unha conferencia que tiña como
título: “MITOS ROMÁNTICOS, VIOLENCIAS DE GÉNERO Y ESTEREOTIPOS
EN LAS SERIES PARA ADOLESCENTES”.
A conferencia foi impartida por María
José Masanet, unha profesora da Universidade de Barcelona. Ela ten o
doutorado de audiovisuais e telecomunicacións e adícase a analizar
diversas cuestións entre elas das que nos falou. A idea principal
desta conferencia foi como analizar os mitos románticos, a violencia
de xénero e os estereotipos de personaxes de series para
adolescentes, actuais ou pasadas. A dinámica da conferencia foi a
seguinte: a través de pequenos fragmentos destas series e foros de
comentarios das mesmas, fomos comentando o contido do amor romántico,
irracional… O ideal de amor mostrado nas obras para adolescentes provocou o surdimento de creenzas falsas sobre o que é, e o que non, unha relación afectiva saudable. A ponente advirtíu ter moito ollo, ser críticos, e ensinou a detectar o mito do amor romántico, as relacións amorosas prexudiciais e tóxicas.
A través das historias de personaxes
televisivos como as de Ruth e Gorka (Física ou Química), Sandra e
Culebra (Los protegidos), etc… aprendimos como analizar o
comportamento das persoas nas relacións, as críticas ou como ve o
expectador aos personaxes ou os diversos estereotipos, que a día de
hoxe están moi marcados por unhas regras idealistas e en diversas
ocasións non se semellan á realidade.
Acceda á reportaxe fotográfica aquí.
Alejandra Alonso Fernández , 1º Bach
Acceda á reportaxe fotográfica aquí.
Alejandra Alonso Fernández , 1º Bach
Sem comentários:
Enviar um comentário