Esta mañá celebrouse a sesión de clausura dos 21 días co galego e +. Reunímonos na aula de música do centro co alumnado de 3 ESO C e PMAR, o equipo directivo, profesorado e persoal non docente. Abríu o acto Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, que felicitou aos dez centros pola participación nesta 3ª edición do programa dos 21días co galego e máis. A continuación, tomou a palabra Pilar Ponte Patiño, coordinadora docente do programa, que felicitou especialmente os equipos de dinamización da lingua galega e
as persoas coordinadoras que, desde o comezo do curso, asumiron os 21
Días co galego e + como un proxecto propio e puxeron nel ilusións e
moitas horas de traballo.
Dos tres centros convidados para participar na clausura, falaron:
- Natalia Irimia, profesora do IES Perdouro de Burela (Lugo), e Raquel Lopes Ramos de 1º de Bacharelato
- Guiomar Vázquez, profesora do IES Taboada Chivite de Verín (Ourense), acompañada de alumnado
- D. Manuel Barreiro, CPR A Inmaculada de Lugo, acompañado de alumnado.
Accede a reportaxe fotográfica AQUÍ.
Sem comentários:
Enviar um comentário