O 24 de febreiro as tres alumnas de Xeoloxía de 2ºBach, xunto a 5 alumnos/as de 4ºESO, participamos na fase
territorial da Olimpíada xeolóxica. Polas circunstancias que estamos a vivir, non puido ser presencial, polo que nos xuntamos os 8 alumnos na biblioteca do centro sobre as dez e media da mañá para facer unha pequena presentación online. Despois diso, realizamos unha xincana entre os dous grupos, un conformado polos nen@s de 4º e outro polas de 2º. Esta actividade durou unha hora e media e consistiu en completar unhas 12 probas a través da aula virtual do CPI Cruz do Sar. Despois disto, tivemos un pequeno descanso no que aproveitamos para comer algo e relaxarnos. Logo, volvimos á biblioteca para realizar unha proba tipo test individual que durou aproximadamente unha hora. Esa mesma tarde xa sabiamos os resultados da Olimpíada e, aínda que non gañamos ningún premio, foi unha moi boa experiencia.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
Salma Yáñez Rego, 2º de Bac
Sem comentários:
Enviar um comentário