Os alumnos de segundo de
FPB fixemos un traballo que consistiu en elaborar un teaser, isto é, un vídeo intentando manter a intriga e creando expectación sobre un libro de Pedro Feijóo titulado Sen piedade para
incentivar á lectura desta novela.
Foi un traballo divertido
proposto polo noso mestre cuxa idea era que expuxésemos algún dato sobre esta
interesante lectura para que a xente lera esta historia. Foron dúas
semanas de traballo, máis ou menos, para o que tivemos que ler o
libro, repartirnos as tarefas que ía facer cada un e enlazalas.
Pasámolo ben e falamos galego, que é o importante.
Daniel Jiménez, FPB2
Sem comentários:
Enviar um comentário