A asociación cultural Os Matos do IES Perdouro presentou o nº 28 da publicación Maruxía en colaboración co Equipo de Dinamización e coa Biblioteca.
Hoxe, 21 de xuño, celébrase o 40 aniversario do día europeo da música mais tamén celebramos a nosa festa anual das letras: a presentación da revista escolar Maruxía. Para abrir e clausurar o acto, Gabriela, Nerea, Roi e Samuel, músicos de 4º de ESO, deleitáronnos cunha actuación musical da súa elección. A continuación, Simón Chao, Paula López M. e Félix Pérez, alumnado de 4º de ESO TIC, conduciron o acto e encargáronse de explicar como tiveron que traballar en equipo para poder sacar adiante unha nova edición da revista. Nela recóllense unha mostra das actividades e traballos realizados polos reporteiros do Perdouro así como os premios do XV Concurso de relato curto e poesía e do XIII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos".
Accede á reportaxe AQUÍ.
Sem comentários:
Enviar um comentário