O alumnado de 4º da ESO confeccionou uns taboleiros de xogo construíndo e programando un robot dende cero así como as estratexias do xogo.
O alumnado de Tecnoloxía encargouse do deseño, impresión, programación, cableado dos robots.
O alumnado de Francés ideou as estratexias dalgúns taboleiros retando o robot a desprazarse polo taboleiro, a parar diante dun obstáculo e mesmo a bailar cando o xogo llo requiría. As tarxetas dos xogos están redactadas en varios idiomas: galego, castelán e francés.
Seguindo co traballo interdisciplinar, en Matemáticas, en Bioloxía, en
Xeografía e en TIC, axudaron na creación das misións dos taboleiros para
avaliar os coñecementos nestes campos. O departamento de Lingua Galega
colaborou na revisión lingüística.
Foron moitos días de traballo en equipo con reparto de tarefas e respectando os prazos para que finalmente todo saíra listo para a súa divulgación na I Feira Tecnocienciarte do IES Perdouro celebrada nos días 14 e 15 de xuño. Foi todo un éxito. Pasaron polas mesas de xogo o alumnado de ESO e de 6º de primaria e foron quenes - non sempre - de completar o xogo.
Se queres ver o proceso, accede aquí á reportaxe fotográfica.
Artigo publicado na Revista escolar Maruxía 28.
Sem comentários:
Enviar um comentário