Tecnocienciarte pretende visibilizar o moito traballo que o alumnado e o profesorado desenvolven ao longo dun curso. Ten como obxectivo mostrar o resultado de traballar de forma interdisciplinar e por proxectos. Ademais, a mesma exposición dos proxectos serve tamén de aprendizaxe. Queremos que a tecnoloxía, a ciencia, a arte (e, por suposto, a lingua) saian das aulas e que coñezades as distintas experiencias explicadas polos seus propios artífices.
Este é o horario de visitas da I Feira Tecnocienciarte do IES Perdouro.
Haberá 11 mesas expositoras nas que o alumnado mostrará máis de 25 traballos repartidos por departamentos:
- Mesas 1, 2 e 3: Dpto. de Tecnoloxía e Dpto. de Francés
- Mesa 4: Dpto. de Electrónica
- Mesa 5: Dpto. de Imaxe persoal
- Mesa 6: Dpto. de Lingua e Lit. galega/PT
- Mesa 7: Dpto. de Lingua e Lit. galega
- Mesa 8: Dpto. de Plástica
- Mesa 9: Dpto. de Administrativo
- Mesa 10: Dpto. de Historia
- Mesa 11: Dpto. de Bioloxía
Sem comentários:
Enviar um comentário