Conseguiu:
- manter o chan, o encerado e o mobiliario limpos,
- os caixóns das mesas e os andeis da aula ordenados,
- o ordenador, o proxector e as luces apagadas ao final da xornada,
- as cadeiras subidas a última hora,
- o taboleiro da clase organizado.
Daba gusto entrar na aula; estaba todo impecable.
Polo voso traballo constante ao longo do curso conseguistes a puntuación máis alta e teredes o voso premio o luns 27 de xuño. Vades pasar unha xornada lúdica ao parque de aventuras de San Roque en Viveiro. Parabéns! Esperamos que o pasedes moi ben!
Felicitamos a 3º ESO A, 2º ESO A e 3º ESO B, que tamén o fixeron xenial!
Moitas grazas aos titores e profesorado que fixeron que Aulas Limpas servira para que os rapaces se preocuparan por manter a orde e a limpeza.
Sem comentários:
Enviar um comentário