O 20 de febreiro, o alumnado de “Literatura Galega” de 2º de Bacharelato, tivemos a sorte de poder visitar a exposición “Alba de Gloria” en Bonaval e na Cidade da Cultura o impresionante cadro "A derradeira lección do mestre" de Castelao que se exhibe por primeira vez en Galicia. Coñecido como o "Guernica galego" retornou a Galicia 73 anos despois de que o pintara Castelao. O artista de Rianxo pintouno por iniciativa de Rodolfo Prada, quen foi tamén albacea testamentario do líder galeguista.
Alí, no Monte Gaiás, tamén tivemos a oportunidade de ver unha recreación de como eran as escolas durante a República e unha listaxe cos nomes dos mestres asasinados por non ser afíns ao réxime do momento.
Alí, no Monte Gaiás, tamén tivemos a oportunidade de ver unha recreación de como eran as escolas durante a República e unha listaxe cos nomes dos mestres asasinados por non ser afíns ao réxime do momento.
Xa en Santo Domingos de Bonaval experimentamos os efectos da realidade virtual da "Compaña dos Inmortaes Galegos", o discurso que deu Castelao en Bos Aires en 1948, e que axudou a facer da visita unha experiencia única e diferente. O propio Castelao semellaba estar alí e atraparnos coa súa voz mentras recitaba o seu derradeiro discurso con motivo do Día de Galicia.
Todo isto serviunos para valorar o importante labor que levou a cabo Castelao conseguindo a dignificación e a recuperación da nosa lingua e da nosa cultura.
Accede á fotografía aquí.
Teresa Crego Deán
2º Bacharelato
Sem comentários:
Enviar um comentário